Bebidas sen gas
Powerade® é unha bebida refrescante aromatizada, formada por unha solución electrolítica a base de hidratos de carbono, que contribúe a manter o nivel de resistencia en exercicios que requiren unha resistencia prolongada. É unha bebida adecuada para tomar antes, durante e despois da práctica deportiva porque:
- Axuda a rehidratar.
- Ten bo sabor, facilita a inxestión de líquidos.
- Ten un envase cómodo e ergonómico con tapón push&pull, que facilita o seu consumo mentres se está practicando unha actividade deportiva.
A bebida preséntase en tres deliciosos sabores: Ice Storm (e a súa versión zero azucre, zero calorías con vitamina B6), Citrus Charge e Blood Orange.
Os requisitos que se establecen, no ámbito europeo (segundo o Regulamento 432/2012) para que sexa considerado unha solución electrolítica a base de hidratos de carbono son:
- Conter entre 80 kcal/l e 350 kcal/l procedentes de hidratos de carbono, e polo menos o 75 % da enerxía debe derivarse de hidratos de carbono que provoquen unha resposta glicémica alta, como a glicosa, os polímeros de glicosa e a sacarosa.
- Conter entre 20 mmol/l (460 mg/l) e 50 mmol/l (1150 mg/l) de sodio, e ter unha osmolalidade entre 200 mOsm/kg e 330 mOsm/kg de auga.
Estas solucións electrolíticas a base de hidratos de carbono:
- Contribúen a manter o nivel de resistencia en exercicios que requiren unha resistencia prolongada.
- Melloran a absorción de auga durante o exercicio físico.